Ri
SINOSE
En Ri, os destinos conxúntanse. Os diarios de Fanes intercálanse coas vidas das outras persoas. O moinante irlandés, sobriño de Sanders, parte cara á Antártida erroneamente, na procura de Xina. Porén, ela foi raptada e está na Polinesia. Con todo, a viaxe del ao sur non foi en balde, pois atopou á comunidade haush e ao avó do Mudo. Con Bosbi, un pingüín omnisciente como narrador, a historia xira arredor do síndrome de Ulises no continente branco. Personaxes como o Piollo, o Toche e o malvado Encik tecen unha rede de lealdades e traizóns, mentres Fanes descobre unha fortuna inesperada que transformará o seu destino. En Landaseiva continúa a intriga de quen é a persoa infiltrada e hai que decidir que se fai co tesouro e si se deixa marchar.