Envíos e devolucións

Envío do paquete

Como norma xeral, os paquetes envíanse dentro das 24 horas seguintes á recepción do pago.  Sexa cal for a forma de envío que elixas, proporcionarémosche unha ligazón para que poidas seguir o teu pedido en liña.

Os gastos de envío inclúen os gastos de manipulación e  empaquetado, así como os gastos postais. No noso caso os gastos de manipulación non teñen cargo para o cliente, mentres que os gastos de transporte poden variar segundo o peso total do paquete e o servizo de transporte que escollas. Aconsellámosche que agrupes todos os teus artigos nun mesmo pedido. Non podemos combinar dous pedidos diferentes, e os gastos de envío aplicaranse para cada un de maneira individual. Non nos facemos responsables dos danos que poida sufrir o teu paquete tras o envío, pero facemos todo o posible para protexer todos os artigos fráxiles.

Reclamacións e devolucións

Unha vez recibido o pedido, o cliente dispón de tres días para formular as reclamacións que considere oportunas sobre o pedido entregado. Finalizado o devandito prazo, non se atenderán reclamacións excepto as relativas a defectos de impresión ou encadernación.

Dadas as especiais características  das mercadurías a devolución  quedará  condicionada ao cambio por outra mercadoría.

Todas as devolucións deberán chegar a portes pagos, perfectamente embaladas e acompañadas dunha relación do contido, de maneira que non ofrezan ningunha dúbida respecto do número de exemplares, de paquetes ou da identidade do remitente; de ser o caso, tamén virán acompañadas dunha relación do material polo que se realizará o cambio. Admitiranse só os libros ou produtos que estean en perfectas condicións para a súa venda posterior.

Lexislación e xurisdición

Os pedidos realizados a través deste portal web atópanse sometidos á lexislación española. No caso de litixio ou controversia xurdida deles, ambas as partes sométense á xurisdición dos tribunais da cidade de Monforte de Lemos,  Lugo.

Versión

Estas condicións de contratación teñen data do 03/12/2019 e calquera modificación dos seus termos será publicada nesta mesma páxina.