• Novo

De Visu

10,00 €
IVA incluido

De Visu, Ese enigma inalcanzable, recolle en palabras do autor “A realidade a ollos vista, unha realidade cotiá,  convertíndose na inspiración, na esencia mesma que deriva nunha forma resultante de pensamentos, vivencias e sensacións; todas elas relacionadas infinitamente“.

Pretende ser unha análise de nós mesmos, das nosas debilidades nun todo paralelo e universal que unha vez rematada a súa lectura, suscite a reflexión e a parodia personal como elemento vertebrador do conxunto

Cantidade

SOBRE O AUTOR:

Juan Labaredas  naceu en Sober o 25 de maio de 1968. A súa vida transcurríu en Monforte de Lemos e Quiroga. Licenciado en Dereito, dende moi novo sentíuse atraído polos libros e a literatura, convertíndose nun voraz lector e apaixoado observador da realidade circundante. Foi cando contaba con  13 anos  que comeza a escribir presentándose a diferentes certames literarios de ámbito escolar e mesmo comarcal, nos que logra distincións e recoñecementos. Co decorrer do tempo e tras unha longa experiencia lectora consolida a súa tarefa creativa, levando a cabo traballos que nunca foran publicados até ó momento por expreso desexo de seu. Cultiva xéneros tan diversos como a poesía, o relato curto, o ensaio e mesmo o artigo de opinión. Agora, xa na madurez, ábrese a publicar parte dese traballo neste libro que tenta ser un conxunto de “instantes apresados” para compartir cos seus lectores dende a sinceridade, a intensidade e a honestidade

Per009
chat Comentarios (0)
Non hai avaliacións das clientas polo momento.