Peruchela naceu no outono de 2020, nun momento no que o mundo necesitaba máis que nunca refuxiarse nas historias. Rocío Rodríguez, á fronte da Libraría Pelayo de Monforte dende 2019, decidiu dar un paso máis alá das estanterías grazas á insistencia e o talento de Pilar Sánchez Martínez.
O que comezou como o reto de publicar un poemario e un conto en plena pandemia, medrou ata converterse nunha editorial que abraza dende a poesía de autores noveis ata a narrativa de Anxo Muíños, pasando polo ensaio e a biografía. Somos unha editorial que nace entre libros e para os libros."