Presentación Quero Salvarte Amigo Mar

Presentación "Estamos de Conto"

No día das letras galegas de 2026, Quero Salvarte, Amigo Mar

O álbum ilustrado infantil “Quero salvarte, amigo mar!”, da autora Patricia Mariño e publicado por Peruchela Edicións, continúa a súa andaina entre os lectores máis novos cunha excelente acollida nas súas primeiras presentacións públicas.

A máis recente tivo lugar o pasado 17 de maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á escritora Begoña Caamaño. O acto desenvolveuse ás seis da tarde no Círculo Saviñao, nun formato de contacontos que encantou aos asistentes. A autora estivo acompañada pola editora e compartiu cos nenos e familias unha historia chea de emoción, aventuras e conciencia ambiental.

Antes desta cita, o libro fora presentado tamén o 23 de abril, Día do Libro, no CEIP A Gándara de Monforte de Lemos, onde Patricia Mariño participou xunto coa súa filla Lúa, protagonista e inspiración do conto. A actividade estivo dirixida ao alumnado de 2º e 3º de Primaria e foi recibida con grande entusiasmo por parte dos pequenos lectores.

“Quero salvarte, amigo mar!” é unha historia que mestura fantasía, amizade e respecto pola natureza. A través da mirada de Lúa, unha nena que recibe poderes especiais para protexer os océanos e os animais mariños, o libro invita a reflexionar sobre o problema da contaminación e a importancia de coidar o planeta desde pequenos.

Desde Peruchela Edicións queremos agradecer a magnífica acollida recibida en ambos eventos, así como o interese e participación de todos os nenos, familias e centros colaboradores que están facendo posible que esta mensaxe de amor polo mar continúe chegando cada vez máis lonxe.

Quero/ Quiero SALVARTE AMIGO MAR!

A autora Patricia Mariño e a editora Rocío Rodríguez durante a presentación no CEIP A Gándara.
€10.00
€15.00
€9.00
€14.50
€10.00
Precio incl. IVA (4%)
€10.00
€12.00
€15.00
€20.00
€10.00
€15.00
€10.00
€10.00
€10.00
€9.00
€12.00
€10.00
€10.00
€12.00
€12.00
€16.00
€14.00
€12.50
€12.50
€15.00
€16.95
€16.95
€17.90
€18.90
€19.90
€12.00
€20.00
€20.00
€18.95
€17.95
€16.00